Exposición «El alma del mar»

O sábado 8 de febreiro, ás 19.00 h, inauguración da exposición «El alma del mar» da fotógrafa Ana Ruiz Amigo

Esta nova exposición, froito da colaboración entre a Concellería de Cultura e o colectivo Ponteceso Cultura Permanente, encherá o museo de Corme a partir deste sábado. No acto inaugural, Ana Ruiz estará acompañada pola violonchelista Cecilia Burillo, que ofrecerá un pequeno recital.

O MACCMO amosará as imaxes de Ana Ruiz no seu horario habitual (de martes a venres de 11.00 h a 13.00 h e de 17.00h a 19.00 h e luns e sábado de 11.00 h a 13.00 h) e, a maiores, os domingos 9 e 16 de febreiro e o 1 de marzo estará aberto de 17:00 a 20:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *