UTOPÍA

O Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACMO) nace cunha clara vocación de mecenado cultural e social, ao servizo dunha contorna onde non existe nada semellante. É dicir, nace coa vontade de contribuír, a complementar os demais servizos que en materia cultural ofrece o Concello de Ponteceso, nun edificio exemplo de restauración, cun interior que sintoniza coas arquitecturas tradicionais.

O MACMO vai proxectar as realidades etnográficas, culturais e tradicionais do Finisterre galego, por todo o mundo, co valor engadido que a creación e a interpretación artística son capaces de achegar a un proxecto que non ten máis límites que o horizonte do mar onde se asenta. Está aberto a todas as manifestacións culturais, sendo a primeira irradiar a universalidade da arte e a creación, nunha contorna única e orfa ata o momento de iniciativas similares.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *